O director do Reina Sofía profundará sobre o papel dos museos no Consello da Cultura

La Voz

SANTIAGO

BENITO ORDOÑEZ

Hoxe ás 18.00 horas participará nunha charla co director do CGAC, que poderá seguirse tamén pola web

04 feb 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

18.00 horas • Consello da Cultura Galega (tamén por «streaming») • A xornada «Situarnos: o poder dos museos», organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e a Fundación María José Jove, busca debater sobre o papel actual dos museos. Para iso partirá do caso do Museo Reina Sofía. O seu director, Manuel Borja-Villel, participará, ás 18.00 horas, nun diálogo co director do CGAC, Santiago Olmo. Pola mañá haberá unha sesión de traballo pechada para axentes do sector cultural galego.