«A peste» e «Cigarreiras», dobre cita co teatro en Santiago e un mesmo director

La Voz

SANTIAGO

BASILIO BELLO

As adaptacións de novelas de Camus e Pardo Bazán poden verse no Salón Teatro e no Principal

28 ene 2022 . Actualizado a las 04:50 h.

Cándido Pazó versus Cándido Pazó. O director, dramaturgo e actor verá como dúas adaptacións de novelas feitas e dirixidas por el se representan esta noite e mañá case á mesma hora a unha distancia duns cincuenta metros na Rúa Nova.

Desde o pasado 20 de xaneiro, o Salón Teatro acolle de mércores a domingo «A peste», unha adaptación da novela homónima de Albert Camus feita por Pazó para o Centro Dramático Galego (CDG). A cita hoxe é ás 20.00 horas. Media hora despois, ao outro lado da rúa, no Teatro Principal, está programada «Cigarreiras», baseada en «La Tribuna», de Emilia Pardo Bazán. Non só coincide Pazó como director, senón que tamén ambas pezas teñen a Dani Trillo na escenografía e a Afonso Castro na iluminación. As entradas para «Cigarreiras» custan 12 euros.

Y además

«O mozo da última fila»

20.30 horas • Auditorio de Bertamiráns (Ames) • 5 euros • Redrum Teatro presenta a primeira adaptación ao galego dun texto do dramaturgo Juan Mayorga.