Definen hoxe o cambio de data do Día de Rosalía

La Voz

SANTIAGO

18 ene 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

A Casa-Museo de Rosalía acolle hoxe unha xuntanza con entidades culturais e educativas para abordar o cambio de data do Día de Rosalía despois de que a investigadora Sagrario Abelleira descubrise un documento notarial que recolle que a escritora naceu o 23 de febreiro de 1837 e non o 24, como se viña celebrando tomando como referencia o bautizo.