O Consello da Cultura porá o foco na aprobación do Estatuto de Autonomía galego e no patrimonio marítimo

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Cedida

Na sesión plenaria de onte iniciouse a renovación deste órgano

12 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O pleno do Consello da Cultura de Galicia (CCG) serviu onte para facer balance do 2021 e avanzar as propostas do 2022, ademais de iniciar o procedemento de renovación deste órgano. O proceso remata en abril e a continuación terá lugar a renovación da presidencia e a comisión executiva, que se realizará en xullo.

De cara a este ano, a presidenta, Rosario Álvarez, destacou que se poñerá o foco nos momentos previos á aprobación do Estatuto de Autonomía, ademais do patrimonio marítimo.En febreiro entregaranse as medallas do CCG a Luis García Montero e a Helena González. Por outra parte, no 2021 programáronse 87 actividades de interacción con públicos, editou 18 publicacións e realizou 45 informes.