Promoven o uso do galego en Santiago con «Dálle á lingua»

La Voz

SANTIAGO

xoan a. soler

A campaña iniciou onte a súa andaina en Área Central e percorrerá outras cidades galegas

28 dic 2021 . Actualizado a las 21:47 h.

«Dálle á lingua», a nova iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para promover o uso do galego, chegou onte ao centro comercial Área Central co reparto de regalos entre os que participasen. En Santiago, nos primeiros momentos pasaron polo posto de «Dálle á lingua» tanto cativos como maiores, que levaron como agasallo camisetas e cartas.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou que a campaña vai ir rotando por diferentes cidades. «Buscamos principalmente público neofalante», resaltou. A idea desta proposta é crear un xogo para incentivar o uso da lingua. Por iso, tamén se pode descargar a través do portal web dallealingua.gal.

Trátase dunha iniciativa complementaria á de «Saca o galego que levas dentro», que estivo na praza Roxa a semana pasada.