Dúas estreas na segunda xornada do festival Maré

La Voz

SANTIAGO

CEDIDA

Preséntase o proxecto Mira, da lisboeta Marta Miranda, e a proposta conxunta da Filharmonía e o Trío da Kali, de Malí

24 sep 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

Santiago será escenario de dúas estreas na segunda xornada do festival Maré. Ás 20.00 horas, no Teatro Principal, preséntase Mira, o novo proxecto da lisboeta Marta Miranda, ex compoñente da formación de fado OqueStrada. Unha hora despois, no Auditorio de Galicia, poderá verse «Ladilikan», unha simbiose entre o Trío da Kali, de Malí, e a Real Filharmonía de Galicia.

O resto das actividades desta segunda xornada serán nos dous escenarios situados en Bonaval. Empezará Nación Eneko (19.30 horas) e seguiranlle Jéssica Caitano e Luana Flores (20.30 horas), Ferran Palau (21.30 horas), Bia Ferreira (22.30 horas) e pechará o dúo Verto (23.30 horas), na que será a súa última actuación antes dun parón.