Volve o premio Youtubeiras para consolidar a creación en galego

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Participan dez municipios, entre eles Santiago, Ames, A Baña, Teo e Negreira, ademais da Deputación da Coruña e as tres universidades

16 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Premio Youtubeiras, unha iniciativa de dez concellos -entre eles Santiago, Ames, Teo, A Baña e Negreira-, a Deputación da Coruña e as tres universidades, abre a súa quinta edición para seguir servindo de canle para a creación en Youtube de temáticas e formatos diversos en galego. Dirixido a creacións autoproducidas de mozos maiores de 14 anos e con cinco vídeos cando menos publicados logo do 23 de outubro do 2020, o certame abre a súa inscrición ata o 22 de outubro coa intención de superar os 536 vídeos que lle chegaron no 2020 e contribuír a consolidar a comunidade creadora «que medrou arredor deste concurso», segundo Carme Pereiro, quen o presentou onte co concelleiro Rubén Prol. Youtubeiros repartirá 7.500 euros en premios.