Dous recitais poéticos para a terceira entrega do festival Alguén que respira! en Santiago

La Voz

SANTIAGO

CARLOS CORTÉS

Celebrarase os días 21 e 22 deste mes

08 sep 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

A terceira entrega deste ano do festival poético Alguén que respira! incluirá dous recitais os días 21 e 22 deste mes. O do primeiro día, «O ruído do lume (A palabra en combustión de dez poetas galegas)», reunirá no Teatro Principal a boa parte das mulleres que protagonizaron o renacer da poesía galega nos últimos anos. Estarán Pilar Pallarés, Olga Novo, Alba Cid, Yolanda Castaño, Luz Pichel, Elvira Ribeiro, Miriam Ferradáns, Eva Veiga, Luz Fandiño, Andrea Nunes e Chus Pato.

O día 22 contará con Séchu Sende, Castillo Suárez e Javier Peñafiel, que percorrerán diferentes espazos da cidade. Empezará ás 19.30 horas na Maceta con Séchu Sende, continuará na Trisca con Peñafiel e rematará coa poeta vasca Castillo Juárez no museo de Berto Leis.