La música tradicional, más viva que nunca

lucía ortigueira / i. c. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Paco Rodríguez

La entrega del público en los conciertos animó los escenarios de Compostela TradFest

17 ago 2021 . Actualizado a las 11:42 h.

«A todos os artistas e locais que están a facer un esforzo para impulsar a música ao vivo, un grande aplauso!». Así abría Sergio Piñeiro la gala más esperada del festival Compostela TradFest, la Foliada ao Vivo, que reunió en una Praza da Quintana con su aforo cubierto a representantes de la música tradicional gallega: Felisa Segade, Os da Porfia, Marcos Coll, Caamaño&Ameixeiras y Sheila Patricia, todos ellos acompañados de A Banda das Crechas. El casco histórico vibraba al compás de sus melodías, que consiguieron despertar la curiosidad incluso de los turistas que se encontraban de visita por la zona. «Lembrade que a música pode traspasar a distancia de seguridade», decían desde A Banda das Crechas. 

La Foliada ao Vivo puso el broche final al TradFest, que fue la banda sonora de multitud de personas que ayer acudieron al parque de Bonaval, a la iglesia de San Domingos y finalmente a Praterías y A Quintana para disfrutar de la música y el baile tradicionales de Galicia formulados con una perspectiva contemporánea. Dando continuidad al programa iniciado a las once de la mañana en Bonaval, desde primera hora de la tarde hubo espectáculos y mucha diversión, que iniciaron el grupo Arredor da Tradición en el entorno del Museo do Pobo Galego. El buen tiempo los acompañó, y la felicidad de los asistentes fue palpable en todo momento, como demostró el hecho de que muchos se animasen a bailar al son de la música: «Yo también quiero salir a bailar», le pedía un niño a su padre al ver el espectáculo.

Najla Shami y Caldo llenaron con su voz la Porta da Música, uno de los escenarios instalados en el parque de Bonaval. La emoción se hacía notar: «Faime falta na lama e no corazón tocar», decía Najla. Por su parte, el grupo Caldo consiguió que se formase una cola enorme para entrar a su concierto: «Aquí en Compos hai un movemento trad e folk bastante importante». Sus canciones consiguieron citar tanto a adultos como a jóvenes.

En el ámbito más instrumental, Caamaño&Ameixeiras y Cuarteto Caramuxo tocaron en el escenario Arcos, de Bonaval. Estos últimos sorprendieron con temas de su futuro disco, que esperan sacar en septiembre. Por otro lado, Caamaño&Ameixeiras ofrecieron un recital en el que se sucedieron colaboraciones con Caldo y con Martin, un violonchelista que Antía Amexeiras conoció durante un Erasmus. Los aplausos no terminaban, ni los bailes del público.

La Iglesia de San Domingos de Bonaval acogió las melodías más solemnes. Tobie Miller provocó que el silencio más absoluto reinase en el templo, solo interrumpido por el sonido de su zanfoña. Lo propio hizo el armonicista Marcos Coll, aunque en su caso ofreció una sesión más didáctica en la que mostró al público la historia y las posibilidades de su armónica. «Estar en el TradFest para mí es un honor. La música tradicional, el blues, el jazz y sus posibilidades de transformación son lo que más me llega. Y tocar aquí solo, sin micro y en una iglesia es un reto y me emociona», manifestaba.

Por supuesto, también hubo tiempo para la «troula», esta vez en Praterías. La Banda de Música de Santiago se juntó con Brincadeira en un concierto en el que ensamblaron a la perfección tanto pasodobles como muiñeiras y otros géneros con el baile gallego. Alejandro Sanjiao, profesor de gaita, se mostraba jubiloso: «Fusionar a música de banda coa tradicional é un reto. Para min coma gaiteiro tocar coa Banda de Santiago foi moi importante, houbo moitos ensaios detrás, e o resultado foi moi bo. En resume, que podo dicir, que viva a música tradicional galega!».

El TradFest está organizado por el Concello de Santiago y La Voz de Galicia, con producción a cargo de Nordesía y aCentral Folque; y colaboran la Xunta de Galicia a través de Agadic y Galicia Calidade, y la empresa Espina y Delfín.

«Poñer en valor a cultura galega merece a pena, e a resposta é marabillosa»

Co aforo completo nos concertos, moitos dos asistentes animáronse a danzar e cantar nun ambiente de festa en Bonaval

Iván Caride/ I. c.

Xa desde primeira hora da mañá os artesáns se preparaban para un día de festa cargado de emocións. A xornada comezou cun ton agrisado que ameazaba choiva, sen embargo, o canto e a danza dos asistentes obrigaron ás nubes a desaparecer, dando paso a una sesión soleada e agradable. O emprazamento non podía ser mellor, ás once da mañá todo o parque de Bonaval encheuse da ledicia e a ansia dun público de todas as idades desexoso de celebrar a cultura galega.

Tan só media hora máis tarde comezaron as actuacións no escenario da Porta da Música. Os primeiros en saír foron Antonio Prado e Miguel Vázquez, que inauguraron esta terceira edición do festival cun pasodobre levado co son da gaita e do tambor, animando ó público máis activo a danzar e cantar. O dúo presentou un proxecto musical enfocado nas parroquias de Ordes e na música popular da súa zona, lugares que, entre risas, afirmaron que teñen «moito carácter, pois está bañado polo río Cabrón». Ademais, os músicos explicaron que nesa zona en particular posúen distintas formas de tocar, de aí a presenza de gaitas con diferentes dixitacións.

Unha vez comezado o festival, xa non podía parar, a mediodía a igrexa de Bonaval serviu de localización para un proxecto que xuntou a Mozart con Galicia con algunhas das cancións tradicionais máis coñecidas. O grupo Mozart á Galega, formado por un violín, unha viola, un violonchelo e frauta traveseira, comezou mesturando o «Cuarteto en la maior» co «Alalá das mariñas», explicou seu líder, Luís Soto, e continuaron cun repaso polos cuartetos do compositor salzburgués, «reinterpretando» a música clásica ao estilo galego.

Entrementres, nos espazos do parque, parellas, familias e grupos de amigos foron capaces de gozar do sol e da calor dos cantareiros e os danzaríns. «Paréceme unha proposta preciosa, todo o que sexa poñer en valor a cultura galega merece a pena, ademais a resposta está sendo marabillosa», comentaron Claudia Brey, Paloma García e Florencia Espiñeira, tres amigas preparadas para un día de tolemia.

CATUXA PRIETO

A organización tamén se mostrou satisfeita co traballo e a acollida desta terceira edición, Paula González, membro do staff, comentou: «O día está perfecto, a xente estase a comportar como é debido cumprindo coas medidas de seguridade e ademais estano pasando ben, dá gusto velos».

Arredor das 12.30 o grupo Tor, composto por bouzouki, acordeón diatónico, frauta e contrabaixo, foi quen de elevar os corazóns do público tocando algunhas pezas e ritmos pausados. A agrupación presentou un set máxico composto especialmente para a película «Luarada», sobre a lenda de Romasanta, que aínda está en desenvolvemento. Non faltaron nin a complicidade nin as risas, que contaxiaron ata o público máis novo.

Xa preto da hora de comer, o festival atopábase no seu máximo esplendor, as imaxes da festa transportaron á audiencia de novo á vida antes da corentena e a festa continuou da man de Os da Porfia, que coa súa retranca xeraron risas a gargalladas cunha divertida posta en escena. O compostelán Fernando Saavedra, membro da agrupación, destacou que ver á xente bailar lles animou moito, «sobre todo nestes tempos que nos tocou vivir onde temos que romper un pouco o xeo». Tamén reafirmou a necesidade de impulsar estes festivais onde a «afluencia do público é cada vez maior» e onde se xuntan todas as xeracións.

Anxo Minguillón e Miguel Rodríguez achegáronse cuns amigos a gozar da música e os produtos galegos: «En festivais coma o Son do Camiño sempre hai artistas nacionais ou internacionais, iso está ben, pero os artistas galegos parece que quedan de teloneiros e non destacan tanto, gústame este festival porque o noso é o protagonista», afirmaron.

Xico de Carinho e Cuchús Pimentel puxéronlle a guinda a una mañá rebosante de enerxía. O trío formado por guitarra, harmónica e baixo, explicou e interpretou cancións populares galegas e de varios países, engandíndolles un toque de humor moi persoal que deixou ao público con moi bo sabor de boca incluso antes de marchar a comer.

Ademais, os artesáns mostráronse agradecidos pola iniciativa e a oportunidade, Vanessa Abelairas, de La Chapera, declarou que «é unha iniciativa preciosa para dinamizar o produto galego e apoiarnos entre nós», e así o confirmaron compañeiros seus coma Óscar Cid, da empresa Sovoral, elaboradores de mel crúa orgánica; Jorge Alonso, de Adegas Celme; ou Viki Berre, de Morgana e Fillas.