A música en galego de Tanxugueiras, Pauliña e Grande Amore enche a SGAE

La Voz

SANTIAGO

cedida

Os concertos serán o 20 e 21 de xuño na terraza da sede da entidade en Vista Alegre

18 jun 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

Nin quince minutos fixeron falta para esgotar as entradas para asistir aos tres concertos do ciclo Acento que a Fundación SGAE organiza os días 20 e 21. Unha iniciativa que quere «poñer en valor o patrimonio cultural galego», dixo Teo Cardalda, presidente do consello interterritorial da SGAE. O domingo, ás 12.30 horas, na terraza da Fundación SGAE en Vista Alegre, actuará Pauliña. Ás 13.45 horas seguiralle o trío Tanxugueiras. Xa o luns, a partir das 20.00 horas, será a quenda de Grande Amore. «Grazas por invitar e poñer o acento galego para seguir remando pola nosa cultura», asegurou Sabela Maneiro, de Tanxugueiras. A iniciativa conta co apoio da Xunta. O director da Agadic destacou a importancia da música en vivo. Cardalda apuntou que a idea é darlle continuidade ao ciclo.