A USC achega nun volume as diferentes facetas de Xela Arias e parte da súa obra

La Voz

SANTIAGO

A publicación recolle achegas de varios autores

14 may 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

«Xela Arias. A literatura e a vida, por elección» é o título da publicación coa que a Universidade de Santiago conmemora o Día das Letras Galegas, que tamén terá como complemento un acto que se desenvolverá o vindeiro 26 de maio.

A publicación reúne estudos que permiten aproximarse ás distintas facetas de Xela Arias, ademais de incluír poemas publicados na revista «Dorna» e reproducir textos en prosa pouco coñecidos polo seu difícil acceso. O traballo, que está coordinado pola profesora María Xesús Nogueira e editado polo Servizo de Publicacións da USC, recolle achegas de Xulián Maure, Ana Iglesias, Ramón Lorenzo, Xosé Lois Gutiérrez, Montse Pena e Dolores Vilavedra, entre outros. Ademais, recolle as respostas a unha enquisa realizada entre escritoras para avaliar a influencia de Xela Arias nas súas respectivas producións, como pode ser Susana Sánchez Aríns, Antía Otero, Olga Novo, María Reimóndez, Berta Dávila ou Lara Dopazo, entre outras.