Santiago acolle o sábado a gala de entrega dos galardóns do libro galego

La Voz

SANTIAGO

13 may 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

O Teatro Principal de Santiago acollerá este sábado a entrega dos premios Follas Novas -nova denominación dos galardóns do libro galego-. Deste xeito, volve a ser presencial a actividade aínda que se celebrará sen público, que poderá seguir o evento a través de YouTube. Hai en torno a medio cento de aspirantes entre as quince categorías nas que se distinguen os mellores títulos e autores de produción editorial. Ademais, cada unha das tres entidades organizadoras da gala outorga un premio honorífico. A Federación de Librarías de Galicia recoñecerá o traballo do libreiro Manuel Arenas; a Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega honrará ao escritor angolano José Luandino, e a Asociación de Editoras de Galicia lembrará ao editor Xulio Amigo. A gala será presentada por Quico Cadaval.