
O acto de presentación contou co decano de Filoloxía, o reitor e unha integrante da Rede
05 may 2021 . Actualizado a las 04:55 h.Novas ópticas para ver Compostela son as que propoñen os dous libros da Rede Galabra que se presentaron onte en San Xerome. A cidade, o camiño e nós por unha banda e Visitar, comerciar e habitar a cidade pola outra son o resultado das investigacións desenvolvidas pola Rede. Os textos sosteñen que a imaxe da cidade dos visitantes está maioritariamente vinculada á dimensión xacobea, mentres que na imaxe previa de Galicia está a paisaxe, a natureza ou o clima. «Existe unha camiñización de Santiago», explicou Elias Torres Feijó, director da Rede e decano de Filoloxía, quen estivo acompañado na presentación do reitor, Antonio López, e dunha outra integrante da Rede, Marisa del Río.
«Os discursos sobre a cidade condicionan o tipo de uso que se fai da propia cidade», destacou Torres Feijó, algo sobre o que tamén se referiu o reitor, quen dixo que estes estudos contribúen «a mellorar as condicións de vida da xente». Pola súa parte, Marisa del Río indicou que para intervir nas decisións «é preciso seguir observando».