Abre o prazo para votar as mellores poesías de Galicia e Portugal

La Voz

SANTIAGO

15 abr 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

O xurado de aRi[t]mar escolleu as poesías finalistas desta edición do certame convocado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago. Agora, o prazo para votar e elixir a mellor tanto de Galicia como de Portugal estará aberto ata o 10 de maio.

Os poemas finalistas en galego son obra de Ana Romaní, Arancha Nogueira, Carlos Lorenzo/Baldo Ramos, Iria Pinheiro e María Lado, Eduardo Estévez, Lucía Cernadas, María Lado, Rosa Enríquez, Rosalía Fernández Rial e Francisco Fernández Naval. Pola súa banda, por Portugal resultaron nomeados Álamo Oliveira, Alexandra Santos, Hélia Correia, João Pedro Méssender, Jorge C. Ferreira, Jorge Sousa Braga, Márcia, Raquel Serejo Martins, Rosa Oliveira e Samuel F. Pimenta.

Os premios serán entregados nunha gala o próximo outono. No acto tamén recibirán o recoñecemento as gañadoras na categoría de música, Guadi Galego e Cláudia Pascoal.