Santiago: A cultura xitana, no CCG
La Voz de Galicia
O Consello da Cultura Galega (CCG) súmase ao Día Internacional do Pobo Xitano cunhas xornadas nas que fará fincapé no papel dos maiores nesta cultura. O programa, que se difundirá a través de Internet, inclúe unha mesa de experiencias e testemuñas, así como un coloquio. O obxectivo é visibilizar a cultura xitana e lograr unha maior integración das minorías.
Comentarios