O Consello da Cultura difunde un documental sobre Julio Camba

La Voz

SANTIAGO

INTERNET

Foi elaborado por Aser Álvarez, que contou coa participación de historiadores así como dous dos biográfos do xornalista

03 mar 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

O Consello da Cultura Galega (CCG) divulga a través das súas redes o documental «O principio do mundo en Julio Camba» co que pretende poñer en valor a etapa inicial do reputado escritor e xornalista, que presumía de ser o único galego ao que lle saíu de balde a viaxe de ida e volta ás Américas, a onde chegou como polisón e foi expulsado polo seu espírito rebelde e revolucionario. O documental está dirixido e guionizado por Aser Álvarez. Durante 25 minutos explícase a infancia, a primeira formación política, vital e humana tanto en Galicia como en Bos Aires do xornalista.

No proxecto audiovisual participan os historiadores Ramón Villares e Xosé Manoel Núñez Seixas; dous dos biógrafos de Julio Camba, Pedro López e Benito Leiro; e a escritora Rosa Aneiros, ademais de varios veciños que o coñeceron na súa vila natal.

Aser Álvarez tamén asina unha biografía sobre Julio Camba, que se incorpora ao Álbum de Galicia.