A Casa de Rosalía reabre as portas este martes

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Mantén o seu horario habitual

01 mar 2021 . Actualizado a las 23:25 h.

A Casa-Museo de Rosalía reabrirá este martes, día 2, as súas portas despois de máis dun mes pechada polas restricións sanitarias. Regresará co seu horario habitual. Así, poderá visitarse de martes a sábado de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas, e os domingos e festivos, de 10.00 a 13.30 horas.

Agora na reapertura, a capacidade máxima permitida será do 30 %, seguindo a normativa establecida pola Xunta. Ademais, manteñen a prohibición de visitas guiadas e en grupo de máis de catro persoas, sexan ou non conviventes, informan desde a Fundación Rosalía. Por outra banda, non estará permitido tocar ningún obxecto nin moble do interior durante o percorrido polas instalacións.