O Museo do Pobo celebrará do 6 ao 10 de abril a MICE

La Voz

SANTIAGO

26 feb 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

A décimo sexta edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego desenvolverase finalmente entre o 6 e o 10 de abril. Aposta para a súa celebración pola presencialidade, pero tendo en conta a previsible limitación de aforos adoptará a unha fórmula híbrida parte dos seus contidos, para que poidan ser seguidos tamén de xeito telemático.

Entre as actividades que acollerá atópase un taller a cargo da docente, antropóloga e cineasta venezolana Adriana Vila. O prazo para anotarse está aberto. A MICE tamén contará cunha proposta dirixida aos centros educativos na que Marcos Nine se achegará a eles.