Santiago: Abre o prazo das votacións das cancións de aRi[t]mar
La Voz de Galicia
O certame aRi[t]mar impulsado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago seleccionou as vinte cancións finalistas -dez galegas e outras tantas portuguesas- que optarán a levar o premio nesta edición. O proceso de votación estará aberto ata o 20 de marzo.
As cancións galegas nomeadas son da autoría de Baiuca, Guadi Galego, Mercedes Peón & Streicherensembre der Augsburger Philharmoniker, MJ Pérez, Néboa, Os d’Abaixo, Pauliña, Ukestra do Medio, Uxía & Sérgio Tannus e Xoana. Por Portugal os temas candidatos son obra de Ana Bacalhau, Bárbara Tinoco, Carlão, Cláudia Pascoal, Dino D’Santiago, FUGA, Miguel Araújo, Os Quatro e Meia, Pedro Abrunhosa e Tatanka. A gala de entrega celebrarase a final de ano.
También en La Voz
Ingresada en la uci por primera vez en Galicia una menor de 10 años con covid
La Voz de Galicia
Ángel Paniagua
Comentarios