As Tanxugueiras amosan a súa faciana máis urbana con «Midas»

SANTIAGO

ROCIO CIBES

O día 5 estrenan este novo traballo e o día 1 reanudan as súas conversas virtuais, nesta ocasión, con Carlos Núñez

30 ene 2021 . Actualizado a las 04:55 h.

O grupo Tanxugueiras está de estrea. O día 5 lanza o seu novo single, «Midas», no que ofrece un xiro cara a fusión con estilos máis urbanos, como o trap ou a electrónica, pero sempre mantendo como base a sonoridade da música tradicional que as acompaña desde os seus inicios. «É o tema que, neste momento, queremos facer, na procura dunha sonoridade moi persoal, moi nosa, sen controversias e sen prexuízos. Este ‘Midas’ é Tanxugueiras: somos tres mulleres empoderadas que saben de onde veñen e o que queren. O que escoite o single, escoitará ritmos urbanos, un son moi moderno, pero recoñecerá a base da música tradicional, tan da terra, tan rítmica, tan nosa». Deste xeito definen as irmás Olaia e Sabela Maneiro, de Teo, e a ribeirense Aida Tarrío esta nova proposta coa que se achegan a un extremo da súa sonoridade que nunca acadaran.

Ademais, o trío de cantareiras retomará a súa serie de conversas virtuais «Mira unha cousiña» a partir deste luns, día 1, ás 21.00 horas. O primeiro convidado será o músico Carlos Núñez. Nas seguintes semanas dialogarán co bailador Xisco Feijoó, coa cantante Aiala e, para rematar o 22 de febreiro, coa xornalista Esther Estévez.