Teatro, música e danza para o primeiro semestre deste ano en Ames

Hai propostas tanto para as crianzas como para o público adulto


Con toda a prudencia que pode marcar a evolución da covid nos vindeiros meses, Ames pechou a programación cultural do primeiro semestre do ano con trece espectáculos de teatro, música e danza para todo tipo de públicos. Os espazos das actuacións serán as casas da cultura de Bertamiráns e O Milladoiro e as entradas poderán mercarse a partir do día 14 na billeteira electrónica. Unha das novidades deste ano é o bono cultural, cun desconto do 50% para todos os espectáculos.

A programación infantil comeza o vindeiro día 22 da man de O Viravai, que representará «Paio e o poder da música». A seguinte obra chegará o 5 de febreiro con Talía Teatro e a comedia «Voa, voa!». E Uxía representará o 26 «Rosalía Pequeniña». En marzo, Baobab Teatro ofrecerá o día 5 «Mai Mai», unha historia sobre o oso panda e o quentamento global. O día 12 chegará o espectáculo «Almanaque musical», da compañía Percubebés e, o día 26, será a data de «Don Gaiferos» dos Monicreques de Kukas. Para abril, a proposta será «Catro», de Caramuxo Teatro (día 16).

Para o público adulto, Sarabela Teatro representará o 29 de xaneiro «A Lingua das Bolboretas» e o 5 de febreiro Ainé Producións presentará «O Montacargas». Un mes despois chegará «Sofía e a Postsocráticas», de Inversa Teatro. Os 26 e 27 de marzo Contraproducións ofrecerá « Mocos» e o 30 de abril chegará «Pink Unicorns» de La Macana. A programación rematará o 7 de maio con «Liberto», de Rebordelos.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Teatro, música e danza para o primeiro semestre deste ano en Ames