A asemblea melidá de 1520 terá a súa propia publicación

La Voz MELIDE / LA VOZ

SANTIAGO

CEDIDA

O Consello da Cultura Galega participará na iniciativa

19 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O convite feito polo presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, durante a celebración do quinto centenario da chamada «Asamblea de Melide», que en 1520 reuniu na vila a nobres e prelados galegos para adoptar acordos transcendentais para o entón Reino de Galicia, tivo boa acollida. Dende as dúas entidades que colaboraron co Concello melidense na organización dos actos conmemorativos da efeméride expresaron o seu interese en sacar adiante a publicación que Santalices ofreceu promover dende a Cámara sobre o acontecemento histórico.

Dende o Consello da Cultura Galega manifestaron o compromiso de involucrarse, na parte que lles compete, na obra, a tenor da súa «longa traxectoria na divulgación de feitos históricos con rigor científico, e, nese sentido, de publicacións que axudan a entender a realidade histórica de Galicia». Tamén dende o Museo Terra de Melide amosaron disposición a colaborar no que lles corresponde. «Sería unha honra», afirman.