Mario López, que se dializa en su casa: «Estou dez horas conectado á máquina pola noite e á espera dun terceiro transplante de ril»

joel gómez SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

miguel souto

El 16 % de los pacientes con enfermedad renal crónica avanzada realizan diálisis domiciliaria en el área sanitaria de Santiago, y el almacenamiento en la nube mejora ahora su calidad de vida

07 dic 2020 . Actualizado a las 01:18 h.

De 300 pacientes con enfermedad renal crónica avanzada que tienen la diálisis como tratamiento en el área sanitaria, 51 la realizan en su domicilio; 48 con la técnica de diálisis peritoneal y 3 hemodiálisis domiciliaria. Son un 16 % del colectivo, afirma Rafael Alonso, nefrólogo que coordina la Unidade de Diálise Domiciliaria. Desde este dispositivo se aprovecha las últimas semanas las posibilidades del sistema de almacenamiento de datos en la nube: «Hasta ahora, tras valorar a los pacientes en el hospital, después tenían que volver al hospital para ver los resultados y ajustar el tratamiento. Ahora podemos hacer control remoto y adecuar el tratamiento diariamente, con opción a poder intervenir o contactar a cualquier hora. Así se les ahorran desplazamientos al hospital. Notamos satisfacción y comodidad en quienes se benefician de esta posibilidad, que les da más calidad de vida y autonomía, y eso es importante», afirma Rafael Alonso.

La nube supone un nuevo avance tras 28 años desde que en 1992 se comenzó con la diálisis peritoneal en Santiago, en el Hospital Xeral de la rúa Galeras: «me especialicé allí en nefrología y cuando estaba acabando conocí a la primera paciente que hizo diálisis peritoneal manual», sostiene Alonso. Después se implantó la modalidad automática.

La primera hemodiálisis en el hospital público compostelano se hizo en 1973, y 3 años después se promovió la primera unidad de diálisis. En 1982 se efectuó el primer trasplante renal. Ahora se ofrece diálisis en los hospitales Clínico y HM La Esperanza, y en el centro Diaverum de O Castiñeiriño. La domiciliaria depende toda del Clínico. 

miguel souto

Mario López se dializa en casa

Mario López, veciño da Estrada e directivo de Alcer Coruña, foi diagnosticado dunha doenza renal crónica aos 13 anos. Ten agora 43 anos e neste tempo foi transplantado dúas veces: «Aos 17 anos comecei en hemodiálise no Hospital Xeral de Galicia. Ía tres veces á semana, en días alternos, e estaba conectado a unha máquina 4 horas; ese tratamento continúa igual. Despois de algo máis dun ano recibín o primeiro transplante de ril, que durou 11 anos, o órgano fallou cando eu tiña 30 anos. Entrei de novo en hemodiálise hospitalaria, no Clínico; aínda que naquela altura xa me ofreceron a posibilidade de facer diálise peritoneal na casa, non a quixen. Despois dun ano e medio, fun transplantado de novo. O segundo ril durou 12 anos, até hai un ano e medio que fallou», esclarece. Tiña Mario nese segundo fallo 42 anos. Tivo que regresar de novo á diálise «e entón escollín a peritoneal como tratamento renal substitutivo, para facer a diálise na casa. Estou dez horas conectado á máquina pola noite e á espera dun terceiro transplante de ril», manifesta. Mario comproba como facer a diálise na casa resulta beneficioso na súa situación actual, aínda que deba realizar o tratamento a diario: «Así teño máis tempo para as miñas cousas. A diálise no domicilio dá unha liberdade que non tiña as outras veces. Porque cando a fas ao hospital, entre que te preparas, vas, te conectan, pasan as 4 horas, e despois te desconectan, perdes o día, pois saes moi canso do tratamento e cando chegas á casa o único que che apetece é comer algo e descansar. Coa peritoneal teño o día libre, non me arrepinto de ter escollido esta opción, porque agora tamén son pai e así podo atender mellor á filla», refire. Mario di que «coa diálise nunca estás fisicamente ao 100 %, hai dificultades físicas e psicolóxicas; só dá para seguir tirando, esperanzado de que apareza de novo un ril». Recoñece que «estar en Alcer é unha axuda, e na asociación promovo a doazón e apoio outras persoas con doenza renal».