Padrón recompila as costumes e lendas na memoria dos veciños

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

CEDIDA

A área de Turismo chama á implicación a través do correo turismo@padron.gal

03 nov 2020 . Actualizado a las 05:05 h.

O Concello de Padrón, a través da súa concellería de Turismo, puxo en marcha un proxecto que reivindica a tradición oral que permanece na memoria colectiva dos propios veciños, co obxectivo de documentala para poder, así, trasladarlla ás novas xeracións. É así como o departamento municipal púxose mans á obra na recompilación de contos, lendas, ritos, costumes, usos sociais, actos festivos, coñecementos ancestrais ou técnicas de artesanía, propias dos padroneses.

Todo o material que se recolla publicarase nun enlace disposto na web municipal de turismo - www.padronturismo.gal- para darlle visibilidade a todo ese patrimonio cultural inmaterial. A páxina xa se fai eco na actualmente das lendas da fonte da Escravitude, a lenda da do Santiaguiño, e da lenda da bendición do franciscano ao peregrino. A concelleira padronesa de Turismo, Lorena Couso fai un chamamento á veciñanza a participar na iniciativa, aportando historias a través do enderezo turismo@padron.gal. En palabras de Couso, «a iniciativa pretende reunir toda a información para xerar documentos da tradición padronesa, que poidan ilustrar nun futuro a nosas costumes».