Lectura de «Scórpio» no 110 aniversario de Carvalho Calero

La Voz

SANTIAGO

XOÁN A. SOLER

O acto desenvolverase a partir das 17.00 horas no Salón Nobre de Fonseca

30 oct 2020 . Actualizado a las 04:55 h.

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) organiza hoxe unha lectura continuada da principal obra narrativa de Carvalho Calero, Scórpio, coincidindo co 110 aniversario do seu nacemento. A neta do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, Margarida Cela, lerá as primeiras verbas a partir das 17.00 horas no Salón Nobre de Fonseca. Seguiralle o presidente do Parlamento, o presidente da AGAL, o alcalde, o reitor da USC e o secretario xeral de Política Lingüística. Poderá seguirse por streaming.