Xián Lois Alcayde: «Os voluntarios non somos policías de ninguén, o alumnado está cumprindo»

Montse García Iglesias
montse garcía SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Máis de 200 estudantes participan na labor «informativa, non punitiva» do Programa de Voluntariado fronte á Covid da USC

22 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Xián Lois Alcayde é un dos máis de douscentos estudantes da USC implicados no Programa de Voluntariado fronte á Covid que busca sensibilizar sobre o cumprimento dos protocolos sanitarios. Estudante de máster, coordina as sete persoas voluntarias na Facultade de Ciencias da Comunicación, cun milleiro de estudantes. Desde que o 5 de outubro iniciaron a súa actividade, o balance é positivo. «Está sendo moi, moi sinxelo. Nin houbo que sacar tarxeta amarela porque todo o alumnado está cumprindo», afirma entre sorrisos empregando o símil futbolístico, que tamén usa para definir a labor que teñen que desenvolver: «É como un bo árbitro no campo de fútbol, o mellor é que se lle note pouco». Porque Xián déixao claro desde o primeiro momento: «Nós non somos policías de ninguén. [...] O voluntariado fronte á covid non é punitivo, senón informativo».

Entre as labores que desenvolven están as de vixiar a boa ventilación das aulas, que haxa xel hidroalcohólico dispoñible, xabón nos baños, que se cumpran as distancias, evitar as aglomeracións... «Case non tivemos que actuar porque o comportamento é excelente», afirma Lois Alcayde, que destaca que a maior parte das persoas voluntarias son mulleres. Se tiveron que facer algunha chamada de atención, foi por despistes -por exemplo, non subir a máscara tras comer- e estas foron ben recibidas polos compañeiros. «O que máis facemos é resolver dúbidas», detalla. O voluntariado supón unha hora ao día e, ademais da labor presencial na facultade, inclúe accións de xeito telemático, explica este estudante que decidiu por primeira vez participar nun programa de voluntariado porque «estamos en tempos difíciles, onde a solidariedade é básica». Nese senso, engadiu que hai que evitar que se repita o confinamento, «cando houbo xente que sufriu unha desconexión total, porque hai lugares sen conexión á rede». Lamenta, iso si, que o foco se poña o foco «en comportamentos incívicos moi escasos», en alusións ás festas en pisos. 

Boa acollida

O xerente da USC e responsable covid, Xavier Ferreira, valorou como «moi positiva» a resposta recibida a este programa de voluntariado, xa que aos entorno a 140 voluntarios que iniciaron a súa labor -«hainos en todas as facultades-, engádenselle 70 alumnos titores. Ademais, explicou que desempeñarán unha labor esencial no proceso de cribado. As principais cuestións que lle trasladan son sobre ventilación e protocolos de confinamento.

El cribado al que la Xunta someterá al alumnado universitario gallego comenzará hoy en Santiago. Están citados en torno a 18.000 estudiantes durante los próximos días para someterse al test rápido. Las pruebas se centralizarán en dos puntos: la Facultade de Química —que será el referente para estudiantes del Campus Vida y del casco histórico— y en el Burgo das Nacións, concretamente en la sala Luisa Cuesta, al lado de la cafetería.

El cribado entre estudiantes de la Universidade comienza hoy con en torno a 18.000 citados

El cribado al que la Xunta someterá al alumnado universitario gallego comenzará hoy en Santiago. Están citados en torno a 18.000 estudiantes durante los próximos días para someterse al test rápido. Las pruebas se centralizarán en dos puntos: la Facultade de Química —que será el referente para estudiantes del Campus Vida y del casco histórico— y en el Burgo das Nacións, concretamente en la sala Luisa Cuesta, al lado de la cafetería.

Según explicó el responsable de la USC, las previsiones son que las labores de cribado estén concluidas en un plazo de quince días. Está citada una persona cada 10 minutos, pero este tiempo podría reducirse según avancen las pruebas, que serán realizadas por estudiantes de cuarto curso de Enfermería bajo la supervisión del Servizo de Vixiancia da Saúde de la USC. Así, en las salas también habrá un médico y una enfermera.

En estos momentos, la incidencia en la Universidade de Santiago de casos covid está en 255 por cada 100.000 habitantes, con 51 acumulados en los últimos siete días, explicó Ferreira.

Por otra parte, el Sergas dio ayer a conocer los resultados del cribado por PCR a residencias universitarias, después de que durante esta semana se incluyesen seis centros privados más. Finalmente, entre los 1.328 pruebas realizadas entre los 1.576 citados se hallaron dieciséis casos, es decir, se descubrieron dos más esta semana, uno en La Estila y otro en la Rosaleda, que se unieron a los tres del Burgo das Nacións, el de Fonseca y los diez registrados en el colegio mayor Gelmírez, principal afectado.