Homenaxe á Xeración Nós coa mostra «Mar de libros»

La Voz

SANTIAGO

17 oct 2020 . Actualizado a las 04:55 h.

San Domingos de Bonaval acolle ata o vindeiro 6 de decembro a mostra Mar de libros, da artista Isabel Pintado. Nesta exposición, comisariada por Antón Castro, outórgaselle un protagonismo especial á pintura, cunha selección de obras onde o libro constitúe o centro dos cadros que forman parte dos fondos da artista, así como de colección particulares de Galicia, Madrid e Portugal, entre outras procedencias.

Mar de libros conta cunha sección de libros intervidos. O traballo plástico arredor dos volumes enténdese como unha combinación entre pintura e literatura, un diálogo entre o escritor e o artista que se enriquece coa suma das partes, de xeito que cada exemplar intervido se converte en peza artística única.