Santiago Díaz Barbeito: «Implantar o ciclo superior de FP de biotecnoloxía é unha prioridade»

joel gómez SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Sandra Alonso

O profesor e directivo do Politécnico destaca «a satisfacción de que antigo alumnado do centro ocupe traballos relevantes»

06 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

«Nas mesmas condicións, non me importaría traballar outros 50 anos», afirma Santiago Díaz Barbeito, profesor e responsable da Área de Administración e Xestión do Politécnico. O 1 de outubro recibiu un recoñecemento de colegas do Departamento de Química do centro, ao que pertence, por 50 anos de profesión. Foi un acto condicionado polas restricións que impón a pandemia e onde se lembraron acontecementos marcantes, de interese didáctico e tamén persoal, con fotografías e palabras de amizade. A súa xubilación será no final deste curso, cando o Politécnico escolariza a 1.300 estudantes de FP, con 107 docentes e 14 profesionais non docentes, e está recoñecido como un dos poucos de España de referencia na UE.

Santiago Díaz é testemuña privilexiada da evolución dos estudos de formación profesional en Santiago. Foi designado en 1970 docente adxunto interino do laboratorio de Química, na que na altura era Escuela Oficial de Maestría Industrial da cidade, cun salario anual de 60.000 pesetas. Exerceu sempre en Compostela, excepto 2 anos en Vigo tras aprobar as oposicións. «A formación de técnicos de laboratorio comezou no curso 1958-59 con tres estudantes en diúrno e 1 en nocturno, baixo a dirección do profesor Gabriel Tojo, e a primeira promoción foi a de 1962. A Escola de Maestría estaba no que hoxe é o IES San Clemente. O actual Politécnico foi inaugurado en 1967 e nel a familia de Química dispuña á partida de dous laboratorios, en total uns 120 metros cadrados», afirma.

A mudanza foi impresionante: «no primeiro laboratorio había capacidade para medir nos ensaios unha sensibilidade de 1 miligramo e agora estamos en torno a partes por cuatrillón. A evolución das medidas, co uso de diferentes equipos deseñados para a análise instrumental foi meteórica, grazas a avances da mecánica de precisión, a electromecánica, a informática e electrónica dixital, e outras disciplinas, que se incorporaron ao ensino no noso centro, onde hoxe uns 700 metros cadrados do primeiro andar están dedicados a laboratorio».

Salienta o especial avance que representou a lei orgánica Logse, que favoreceu a adaptación de novos espazos e a incorporación de novas técnicas analíticas. «Foron moitos avances, e a familia de Química do Politécnico foi a primeira de España en ensinar técnicas como a PCR en tempo real. Fomos tamén pioneiros en usar a máquina universal de ensaios. Aínda que o máis importante é a satisfacción de que antigo alumnado do centro ocupe hoxe postos relevantes en centros de investigación, hospitais, empresas químicas, farmacéuticas, laboratorios privados ou na Universidade. Moito alumnado continuou estudos de enxeñarías e licenciaturas, mesmo se doutoraron. Tamén foi relevante participarmos en diversos proxectos europeos. Agora mesmo, implantar o ciclo superior de biotecnoloxía é unha prioridade, e mellorar as instalacións para asumir novos retos».

Santiago Díaz participou como experto del Ministerio de Educación para deseñar nuevos títulos de las familias profesionais de Química e de Seguridade e Medio Ambiente. Tamén se doctorou, na USC, cun estudo sobre os ríos de Galicia, orientado polo profesor Alejo Carballeira, do departamento de Ecoloxía.

La reina Letizia y Feijoo abren el curso de FP en la ciudad

La reina Letizia y el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijoo, participan mañana en el Politécnico en la inauguración del curso de formación profesional a nivel estatal. También está prevista la presencia del presidente del Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; de la ministra de Educación, Isabel Celaá; el delegado del Gobierno en Galicia, Javier Losada; el conselleiro de Educación, Román Rodríguez; el alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, y otras personalidades. Acudirán asimismo un grupo de empresarios que colaboran en la FP Dual. El acto transcurrirá en la biblioteca del centro, a partir de las 11.00 horas.