Premios aRi[t]mar, gala con seis artistas e Bifannah

La Voz

SANTIAGO

26 sep 2020 . Actualizado a las 09:54 h.

A terceira xornada do festival da Maré, que se está celebrando no NH Collection, chega cargada de propostas. A xornada abrirá, ás 12.30 horas, coa entrega dos premios da música e da poesía galego-portuguesa aRi[t]mar. Este ano, o certame das músicas e artes atlánticas e a Escola Oficial de Idiomas de Santiago decidiron unir esforzos. Os galardoados no eido musical son António Zambujo e Sabela, mentres que Raquel Lima e Carlos da Aira recibirán o premio de poesía. Ás 17.00 horas chegará a poesía a Maré con catro autores e, ás 19.30 horas, a gala musical do festival con seis artistas. O peche será a partir das 21.00 horas cun concerto de Bifannah.