O festival Maré revisa o repertorio de Zeca Afonso

La Voz

SANTIAGO

BASILIO BELLO

Faia Días, Nacho Muñoz e LAR Legido ofrecerán un concerto a partir das 21.00 horas no NH Collection

25 sep 2020 . Actualizado a las 04:55 h.

NH Collection • A segunda xornada do festival Maré terá a Zeca Afonso como un dos seus nomes propios. Tres referentes da vangarda musical galega -Faia Díaz (voz), Nacho Muñoz (piano e electrónica) e LAR Legido (batería)- farán a súa propia revisión do repertorio do artista portugués. Será a partir das 21.00 horas no hotel NH Collection. As entradas teñen un custo de 15 euros e hai a posibilidade de elixir mercalas individuais ou ata para un grupo de seis persoas.

Antes da homenaxe a Zeca Afonso, haberá un concerto de Larissa Baq, LaBaq, unha das caras máis novas da música independente brasileira, que presentará o seu último traballo, Lux. Será a partir das 19.30 horas e, nesta ocasión, o prezo é de 10 euros.

O festival tamén conta cunha plataforma de livestreaming a través de Tolemias.tv para poder seguir en directo todos os concertos.