Unha manda de 250 pezas para manter viva a figura de Díaz Pardo

Un colectivo impulsa a lembranza do artista, á que se sumaron restaurantes de Galeras con tapas


Unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo aberta á xente do común con motivo do centenario do seu nacemento, que se cumpre mañá. Ese é obxectivo de Alento Esbravexo, un colectivo impulsado por sete persoas coa admiración polo intelectual e artista galeguista como nexo. E a resposta a súa iniciativa de Unha manda de pezas para Isaac desbordou as mellores previsións e recibiron 250 propostas inspiradas en Díaz Pardo, desde escritos ata pezas de artesanía, imaxes, grafitis..., que poden verse nun blogue, onde cada día incorporan unha nova. «É unha homenaxe internacional porque sumáronse ao noso convite desde Xapón, Australia, Bélxica, Polonia, Cuba...», explica Maka Arca, que xunto a Ana de Vilatuxe, Pilar Sampedro, Eva Liñeiro, Héitor Picallo, Martiño Picallo e David Otero -veciños de Santiago, Lalín, A Estrada e Cuntis- impulsaron a iniciativa. Aínda que as pezas polo de agora teñen difusión virtual, non descartan elaborar un catálogo.

Homenaxe a Díaz Pardo de Baldo Ramos
Homenaxe a Díaz Pardo de Baldo Ramos

Nesta lembranza a Díaz Pardo atoparon máis colaboradores, como a Plataforma de Galeras. Varios establecementos de restauración -A Horta do Obradoiro, El Romero, El Quijote, Caamaño, A Táboa de Picar, Vista Alegre, La Isabelita, Tertulia, Santa Isabel e Cafetería Galeras- ofrecen ata mañá entre a súa oferta a tapa Isaac Díaz Pardo. Ademais, a librería Couceiro e Acivro homenaxearán ao intelectual galeguista no seu escaparate.

A intención de Alento Esbravexo é ir máis alá do centenario. «Este ano era unha data moi especial, pero o que trataremos sempre é manter viva a figura de Isaac. Cremos que é unha personalidade tan importante para a nosa cultura que temos que mantela viva», afirma Maka Arca.

O Ateneo reeditará un obra e dedicaralle o salón de actos

O Ateneo de Santiago tamén organizará actos de lembranza a Isaac Díaz Pardo no inicio da súa programación no outono. O colectivo reeditará en formato libro, en colaboración coa Deputación da Coruña, Unha presa de debuxos feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro. Ademais, descubrirá unha placa co seu nome no salón de actos do local social. Por último, María América Díaz afondará na figura e obra do polifacético artista nunha charla incluída no ciclo Os Luns do Ateneo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha manda de 250 pezas para manter viva a figura de Díaz Pardo