Lestedo despide a Manuel Abelleira, mestre viaxeiro no Instituto Cervantes e xerador de moitas vocacións

Emma araújo SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

Deu clase por toda Galicia, Brasil, Lisboa e Andorra pero a súa terra foi Lestedo

20 ago 2020 . Actualizado a las 05:05 h.

Neste oficio de peóns do teclado hai xente que cando conta algo sempre sae unha boa historia e quedas con ganas de tomar outro café. Así era Manuel Abelleira Antelo, falecido onte. Foi mestre en todo momento, ate o punto de que levou o ensino por todo o mundo como profesor de español no estranxeiro despois de deixar moitas xeracións formadas por Valdoviño, Rois e Carnota. A súa aventura da man do Instituto Cervantes levouno coa súa muller e cinco fillos a Lisboa. Volveu a Vedra, onde tivo tempo de montar en 1991 unha radio escolar, a primeira de Galicia, e promover máis dunha vocación xornalística, da que el tamén gozou, neste caso como correspondente de La Voz de Galicia na Costa da Morte.

No colexio de Vedra estivo o tempo xusto para coller folgos e marchar ao Instituto Cervantes de São Paulo. O seu último destino foi no centro de Fontiñas, onde se xubilou aos 68 anos despois de 44 na docencia máis implicada.

Malia ter recorrido o mundo, o seu epicentro vital e familiar sempre estivo en Lestedo (Boqueixón), a terra da súa muller e na que a súa familia vai organizar, cando sexa posible, una acto de recordo e funeral na igrexa parroquial desta localidade.