Isaac Díaz Pardo, Mónica Mura e a arte urbana abren o Festival C

Daniel Bernardo, I. C. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

CEDIDA

O ciclo reunirá a música, as artes escénicas, a poesía, a danza, as artes visuais e diferentes itinerarios culturais

01 ago 2020 . Actualizado a las 04:50 h.

Hoxe • 11.00-19.30 • Comeza o Festival C, que se prolongará durante todo agosto e con actividades aptas para tódolos intereses. Nel reuniranse a música, as artes escénicas, a poesía, a danza, as artes visuais e diferentes itinerarios para visitar lugares de interese Compostela.

 Ás once da mañá, na Costa da Camelia, terá lugar a exposición de «Dioiva de nomes de muller». A iniciativa trata de poñer en valor o acervo das creadoras galegas e a importancia que tiveron para o pobo, malia seren ocultadas. A representación está inspirada en «Rainworks», onde as obras sobre os espazos públicos só son visibles ao entraren en contacto coa auga.

Mónica Mura, unha artista interdisciplinar, camiñará polas rúas do casco vello e partindo desde o Obradoiro ás 19.00 horas, levando posta a «Nova armadura». Ese artefacto é antigo, pero foi restaurado para ilustrar unha loita contra o inimigo invisible, o covid-19. Mura quere ilustrar con esta vestimenta como de difícil e necesario é manter a distancia de seguridade.

Un deses itinerarios por Compostela tamén comeza hoxe as sete e media da tarde. Un percorrido polas rúas de Santiago que irá ligado á vida de Isaac Díaz Pardo, un dos artistas máis relevantes da historia recente. Esta ruta levarase a cabo por localizacións como o Teatro Principal ou a rúa das Hortas, conmemorando o 100 aniversario do seu nacemento. Neste contexto, ás 12.00 terá lugar a inauguración da escultura homenaxe a Díaz Pardo no paseo central da Alameda.