A Real Filharmonía celebrou na Quintana o 250 aniversario do nacemento de Beethoven

O concerto, incluído no programa das Festas do Apóstolo, encheu o aforo da praza


Santiago / la voz

Os instrumentistas da Real Filharmonía de Galicia renderon onte homenaxe a un dos compositores máis destacados na historia da música, Beethoven, con motivo do 250 aniversario do seu nacemento. Paul Daniel, o director titular da orquestra, foi quen levou a batuta neste especial concerto, incluído no programa das Festas do Apóstolo e ante o aforo completo da Quintana.

Pola súa banda, a actriz María Vázquez foi a encargada de ir ligando as pezas que a Filharmonía interpretaba con distintas pasaxes da vida Beethoven. O concerto finalizou co derradeiro movemento da Novena Sinfonía, que transformou a música occidental. Este movemento inclúe a Oda á Alegría, a icónica canción que se converteu no himno europeo e símbolo da liberdade. Tamén soou parte do ballet As criaturas de Prometeo.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Real Filharmonía celebrou na Quintana o 250 aniversario do nacemento de Beethoven