As aventuras dos Balbinos fomentan os valores xacobeos entre os cativos

d. b. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

cedida

A tradutora da obra ao inglés pensa que «os idiomas reflicten esa fusión de culturas que se produce no Camiño»

29 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Os dous libros da familia dos Balbinos, un sobre o Camiño Francés e o outro sobre a Ruta da Prata, foron presentados onte en Compostela. Ambos libros convértense en «ferramentas» para achegarlle o Camiño aos nenos. De feito, Toño Núñez, un dos seus autores, considéraos «unha boa ferramenta nas escolas» pola súa natureza trilingüe. Isabel Mancebo, a tradutora da obra ao inglés, pensa que «os idiomas reflicten esa fusión de culturas que se produce no Camiño».

Os autores tamén sinalan que o libro sobre o Camiño francés trata máis o patrimonio material, mentres que o do libro sobre a Ruta da Prata fala máis sobre o inmaterial. «Isto non foi premeditado, pero saíu así e pensamos que reflicte a natureza dos concellos polos que pasamos», afirmou Xoán Carlos García, o segundo autor. Agora tamén se ten a vista posta en novas obras, concretamente noutros dous libros sobre esta familia: un sobre o Camiño Inglés e outro sobre o Portugués.