Unha embarcación tradicional da Guarda protagoniza a homenaxe a Rosalía

Uxía López Rodríguez
uxía lópez PADRÓN / LA VOZ

SANTIAGO

MERCE ARES

Este ano limitouse a subida polos ríos Ulla e Sar a tres embarcacións

25 jul 2020 . Actualizado a las 05:05 h.

A Fundación Rosalía de Castro de Padrón celebrou onte a homenaxe das xentes do mar á escritora, centrada na actividade titulada Inchadiña Branca Vela. Por prudencia a causa da situación sanitaria, este ano limitouse a subida polos ríos Ulla e Sar a tres embarcacións, entre elas o volanteiro O Piueiro, tradicional da Guarda e con vela dedicada a Rosalía (co lema «Eu son libre», do manifesto Lieders), acompañado por dúas dornas.

Para o presidente da fundación padronesa, Anxo Angueira, O Piueiro é un «milagre da cultura náutico de Galicia», xa que foi reconstruído en base a fotografías e á memoria. Para a subida polos río Ulla e Sar ata o paseo do Espolón foi adaptada.

Ademais, a Inchadiña Branca Vela xa está inmortalizada nun libro de fotografías en branco e negro tomadas nas sete edicións da actividade polo médico e fotógrafo Eduardo Rivo, de Manselle, que pretende así conservar e difundir a homenaxe marítima a Rosalía, que todos os anos remata no Sar á altura do Espolón.