Guadalupe Gómez Arto gaña o certame poético Rosalía de Castro

La Voz PADRÓN / LA VOZ

SANTIAGO

cedida

A elección fíxose tras varias votacións entre os dezaseis traballos presentados

17 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A escritora Guadalupe Gómez Arto, natural de Curtis, é a gañadora do sexto Certame Poético Rosalía de Castro, fallado onte en Padrón. O xurado, presidido polo alcalde Antonio Fernández, acordou por maioría premiar a obra No encanto do aire, presentada por Guadalupe Gómez baixo o lema Gong. O xurado valorou que o traballo «é un poemario que, partindo das rúas de Compostela, percorre o país con mirada silenciosa, por veces desolada, axudada polas pegadas da nosa tradición, historia e literatura». A elección fíxose tras varias votacións entre os dezaseis traballos presentados nesta edición do certame.

Xunto co alcalde, o xurado estivo formado pola concelleira de Cultura Lorena Couso; o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o escritor Manuel Lorenzo Baleirón; a profesora María Xesús Senín, o académico e filólogo Xosé Luís Axeitos e a docente María López Sánchez.