Antón Costa gaña o premio Luís Porteiro Garea á promoción do uso galego na USC

E.S. / R.M. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

02 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O catedrático de Historia da Educación Antón Costa Rico vén de gañar o premio Luís Porteiro Garea á promoción e uso do galego na USC. Convocado pola propia Universidade, este premio quere recoñecer o esforzo de persoas ou colectivos a prol da normalización do uso do galego dentro da institución e, no caso de Costa, o xurado tivo en conta o seu labor institucional como decano, director do Instituto de Ciencias da Educación e presidente da Sociedade Española de Historia da Educación, ademais da súa produción científica e o seu papel como profesor e a súa implicación na renovación educativa.