Hemeroteca | 2002 | Increpan ao público que asistiu á montaxe de Castelao en castelán

La Voz

SANTIAGO

ALVARO BALLESTEROS

Protestaron con caretas ante o Auditorio de Galicia, onde se representou "Os vellos non deben namorarse"

28 jun 2020 . Actualizado a las 05:10 h.

Asambleia da Língua e a Mesa pola Normalización Lingüística protestaron en Compostela pola versión en castelán da obra de teatro de Castelao Os vellos non deben namorarse. Os dous grupos coincidiron en criticar que un texto escrito en galego, pensado para o público do país e estreado en galego en Buenos Aires en 1961 se presente en Galicia como se fose dun autor foráneo, co apoio da compañía pública. O presidente da Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo, leu un manifesto da Mesa, asinado por centos de persoas.

Dez persoas secundaron  a convocatoria da Assembleia da Língua e desde media hora antes do inicio do espectáculo protestaron con caretas perante o Auditorio, onde era a representación, e había forte presencia policial. A parodia pasou as reprobacións dirixidas ao público que chegaba para presenciar o espectáculo.