"Mozart á galega" reabre a programación cultural en Ames

La Voz

SANTIAGO

CEDIDA

Atlantic Mozart Flute Quartets actuará ás 22.00 horas de balde no pazo da Peregrina (Bertamiráns)

25 jun 2020 . Actualizado a las 04:55 h.

O Alalá das mariñas, E pousa, pousa, pousa ou A Carolina convivirán con obras de Mozart no espectáculo Mozart á galega do Atlantic Mozart Flute Quartets que esta noite, a partir das 22.00 horas, recala no pazo da Peregrina (Bertamiráns). O concerto, con entrada de balde, abre a programación cultural de Ames nesta época poscovid-19 e forma parte dun circuito cultural da Deputación da Coruña.

O recital inclúe unha charla guía de audición para o achegamento do programa. O cuarteto está formado por Luis Soto (frauta travesa), David García (violín), Ioana Ciobotura (viola) e Millán Abeledo (violonchelo).