O Museo do Pobo reabre o martes con novo horario

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

As instalacións poderán visitarse de 11.00 ás 18.00 horas de martes a sábado e os domingos de 11.00 ás 14.00 horas

30 may 2020 . Actualizado a las 04:55 h.

O Museo do Pobo Galego reabre as súas portas o martes 2 de xuño con cambio de horario, ademáis de novos protocolos polo covid-19. A atención ao público, para adaptarse mellor a nova situación, estableceuse de 11.00 ás 18.00 horas de martes a sábado, mentres que os domingos abrirá de 11.00 ás 14.00 horas. Mantense o habitual peche dos luns. Na primeira xornada, a entrada vai ser de balde.

O Museo retoma a súa actividade programando a pequena mostra titulada "A peste, outra vez!, realizada con fondos propios e que estará instalada no andar alto do claustro durante os meses do verán. Ademais, a partir do día 9 de xuño, reabriras "As pequenas cousas", que viu diminuído o seu tempo de exposición por mor da pandemia.

O acceso á biblioteca e arquivo quedará restrinxido a personas investigadoras e a atención prestarase preferentemente de maneira telemática. En caso de ser necesaria a atención presencial, será con cita previa. O Museo para esta nova etapa, acometeu traballos de sinaléctica e adaptación dos aforos e da circulación para manter a distancia recomendable entre o público visitante.