Youtubeir@s incrementa premios na súa cuarta edición e repartirá 7.500 euros

La Voz

SANTIAGO

CEDIDA

A iniciativa repartirá doce galardóns e o prazo de inscripción pecha o 23 de outubre

27 may 2020 . Actualizado a las 04:55 h.

Os premios Youtubeir@s abren hoxe a inscripción da súa cuarta edición na que repartirá doce galardóns. A iniciativa inclúe cambios nas súas bases e un incremento da dotación económica, que pasa dos 6.500 euros aos 7.500 euros. O concurso está aberto a todas as personas maiores de 14 anos con canles e/ou vídeos en galego, autoproducidos, subidos a Youtube e que estean publicados con data posteior ao 27 de setembro.

A iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística de dez concellos (A Baña, Ames, O Grove, Moaña, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago e Teo), das tres universidades e da Deputación da Coruña, reorganizou e ampliu as  diferentes categorías pasando de oito a doce. O concurso contará cos premios cnale, vídeo, youtubeir@, calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros recibirán 1.000 euros cada uno, e os nove restantes, 500. 

O precio de incripción pecharase o 23 de outubro. As bases completas poden consultarse en www.youtubeiras.gal.