O Concello e GTraM Val de Barcala cancelan o CMP Trail de A Baña pola pandemia do covid-19

LA VOZ SANTIAGO

SANTIAGO

Cedida

A organización suspende a proba prevista para outubro para evitar riscos sanitarios

11 may 2020 . Actualizado a las 18:43 h.

O CMP Trail de A Baña, previsto para outubro, non se vai celebrar este ano. O Concello e GTraM Val de Barcala, organizadores da proba, decidiron cancelar a cuarta edición para non poñer en perigo a saúde de atletas, voluntarios e patrocinadores ante a situación que estamos a vivir provocada pola pandemia da COVID-19. A organización tomou esta decisión despois de reflexionar e manter varias reunións virtuais.

Ante a situación sanitaria, despois de case dous meses de confinamento, a organización entende que, aínda que dolorosa, esta é a mellor decisión para non poñer en risco a ningunha das persoas participantes nin dos estamentos que inflúen no CMP Trail da Baña. Aínda que ata o mes de outubro falta tempo, a organización recoñece que durante o desenvolvemento da proba en case ningún momento pode garantir as normas máis básicas de distancia entre participantes nin evitar aglomeracións para protexer e velar pola saúde dos corredores e corredoras.