O Gaiás convida a participar nunha homenaxe na rede con textos de Carvalho Calero

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

XOAN A. SOLER

Elaborará un audiovisual cos vídeos que envíen os cidadáns lendo textos do escritor ferrolán, que protagoniza este ano o Día das Letras Galegas

08 may 2020 . Actualizado a las 00:14 h.

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o Día das Letras Galegas 2020, adicado nesta edición a Ricardo Carvalho Calero, cunha lectura participativa en liña de textos do escritor ferrolán. Con ese motivo, o Gaiás convida aos cidadáns a participar nun vídeo coa lectura dun texto do homenaxeado, que formará parte dun audiovisual coral con todas as achegas que a Cidade da Cultura publicará nas redes o vindeiro día 17. A iniciativa enmárcase na campaña #aculturasegue, promovida pola Xunta co obxectivo de ofrecer diversas actividades de lecer e formación en liña na situación actual de alerta sanitaria polo covid-19.