Sabela e António Zambujo, gañadores do certame aRi[t]mar

Preto de cinco mil persoas votaron nesta iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela


Despedida, de Sabela, e Catavento da Sé, de António Zambujo son as mellores cancións do ano pasado en Galicia e en Portugal. Así o decidiron os cerca de cinco mil votos do público emitido no certame aRi[t]mar promovido porla Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela. Os seguintes temas máis votados, nos segundos postos, foron Balada de verán, de Guadi Galego; e Talvez se eu dançasse, de Miguel Araújo. O podio completárono Baiuca, con Fisterra; e Isaura, con Uma frase nao faz a cançao. As votacións, segundo destacou o director da Escola, Gonzalo Constenla, estiveron moi igualadas.

Estes premios, xunto cos de poesía e o da embaixada da amizade, serán entregados nunha gala o vindeiro curso. Precisamente, o prazo para votar os mellores poemas do ano pasado en Galicia e Portugal abrirase de mediados de abril a mediados de maio.

O certame aRi[t]mar é un proxecto que ten por obxectivo divular a música e a poesía galego-portuguesa actual, así como achegar a lingua e a cultura dos dous países.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de Santiago

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Sabela e António Zambujo, gañadores do certame aRi[t]mar