Maica Bouza: «A dependencia é un dereito que se pode reclamar e denunciar na Xustiza»

joel gómez SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

El sindicato Comisións Obreiras solicita un 100 % de cobertura, calidad y garantía con una campaña

13 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Dependencia ao 100 % : con este lema CC.OO. inició en Santiago una campaña que «continuará en todas as comarcas onde o sindicato ten representación. Tamén faremos chegar propostas aos organismos de participación institucional con competencia nestas cuestións. A principal conclusión é que se necesita apostar por un sistema de dependencia que teña un 100 % de cobertura, un 100 % de calidade e o 100 % de garantía, que beneficie mellor ás persoas», afirma Maica Bouza, responsable de Previsión Social del sindicato. Coordinó la presentación de la campaña, en la que participaron Ildefonso de la Campa, director xeral de la Consellería de Política Social; Alberto Varela, presidente de la Federación Galega de Municipios e Provincias; pensionistas «por representaren o maior número de persoas usuarias do sistema»; y diversos cargos y responsables del sindicato.

«Un tema insuficientemente coñecido, e no que insistiremos especialmente nesta campaña, é que a dependencia é un dereito fundamental, que se pode reclamar e denunciar na Xustiza. Neste momento o ámbito xudicial en que está encaixada a lei de dependencia é o Contencioso-Administrativo. A lei prevía que pasase á xurisdición do Social, e desde o sindicato insistimos en defender que se faga así, para que teña moitos menores custos exercer o dereito de reclamación e que sexa moito más rápido», destaca Maica Bouza.

«Debe haber tres eixos principais de actuación. O primeiro, mellorar a cobertura, que toda persoa en situación de dependencia teña a prestación que lle corresponda. Para iso é necesario máis orzamento, e este é o momento de insistir niso, porque se están a debater os orzamentos xerais do Estado. O segundo eixo é que haxa un 100 % de calidade: que os servizos os desempeñe persoal ben formado, con salarios e condicións de traballo dignas, para que sexan prestacións de calidade para os nosos maiores. E o terceiro, que se modifique a lexislación que obriga a recorrer ao Contencioso e que se mude para o Social», agrega.

La presentación de la campaña constó de tres mesas de debate. Resaltaron que «a implantación da lei avanzou moito desde que entrou en vigor. En Galicia hai parámetros en que está mellor que no conxunto do Estado, e hai tamén sombras. Hai pouco volume de persoas que solicitan as prestacións por dependencia en relación á poboación maior de Galicia. Aumentan as prestacións concedidas, porén son sobre todo os que se denominan ‘servizos low-cost’, de baixo custe: a teleasistencia e relacionados coa prevención; outros, como a atención residencial, van en decadencia», valora.

Además, «por ese maior número de concesión de prestacións baratas, o gasto por persoa dependente en Galicia é mil euros inferior á media do conxunto do Estado. Está ben que haxa case 62.000 persoas que teñen unha prestación efectiva da dependencia, aínda que moitas son de baixo custo. E detectamos outros problemas serios. Así, a lista de espera non é moi grande, porén existen demoras de máis dun ano na xestión e na valoración; ou demoras de até catro anos na determinación da incapacidade. Se é unha lei de dereito universal, en que todo o mundo en situación de dependencia ten dereito a unha prestación, iso non está a acontecer; e como se tarda tanto en resolver, hai persoas que cando lles chega a resolución faleceron; ou casos en que desde que inician a tramitación até que se resolve pasan de ter un grado 1 a un grado 3 de máxima dependencia e é como volver a comezar de novo», dice.

Alude asimismo a «un problema de financiamento desde o ano 2012, polos recortes nos recursos para a dependencia» y a la «precariedade e baixos salarios do persoal que atende o servizo».