O Consello da Cultura prepara o Festival da Filosofía

La Voz

SANTIAGO

24 ene 2020 . Actualizado a las 04:55 h.

O Consello da Cultura Galega acolleu onte unha xornada para poñer en valor o legado da filósofa alemá Hannah Arendt e revisar en clave de actualidade o seu pensamento. No seu transcurso, a coordinadora da sección de Pensamento da entidade, Carme Adán, anunciou a organización do Festival da Filosofía os días 24 e 25 de abril en diferentes cidades de Galicia. Ademais, a próxima cita do ciclo Pensarmos será con José María Lasalle.