Proponen culminar los 25 años de cambio de la salud mental

j. gómez SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

Colectivos profesionales destacan los aciertos y retos pendientes

30 dic 2019 . Actualizado a las 11:04 h.

En el área sanitaria de Santiago funcionan 7 unidades de salud mental (dos en Conxo y las otras en los centros de salud Concepción Arenal, Fontiñas, Noia, Lalín y en el Hospital de Barbanza), unidades de hospitalización de pacientes psiquiátricos agudos en los hospitales Gil Casares y médico-quirúrgico de Conxo, un hospital de día en Conxo, una unidad de psicogeriatría también en Conxo y una unidad de hospitalización psiquiátrica infantojuvenil en el Clínico. Estos son algunos de los principales dispositivos implantados tras entrar en vigor el decreto que regula la salud mental en Galicia. Está vigente y se cumplen 25 años de su publicación el 2 de enero: «supuxo un cambio positivo, que se debe culminar con máis medios e persoal», manifiesta Ramón Area Carracedo, psiquiatra del Hospital Psiquiátrico de Conxo y presidente de la Asociación Galega de Saúde Mental-Asociación Española de Neuropsiquiatría, que agrupa a profesionales de varios colectivos.

«Aquel foi un bo decreto, porque contemplaba dar a volta á asistencia, que non se centrase tanto nos hospitais e crear unha rede con diferentes dispositivos. Tamén promoveu un cambio da filosofía asistencial, cun traballo multidisciplinar e coa participación de profesionais de enfermaría, traballo social, psiquiatría, psicoloxía e outros, e centrado moito na comunidade», destaca.

Area resalta que «o decreto diferenciaba entre dispositivos básicos, sobre todo unidades de saúde mental, unidades de agudos e hospitais de día, que son os que máis se desenvolveron; e dispositivos complementares, que se potenciaron menos e contemplaban a atención á rehabilitación, á cronicidade, emprego protexido, centros de día e atención psicosocial. Hoxe vemos que estes son uns dispositivos tan básicos como os outros, e que funcionan na actualidade con convenios con asociacións e con menos impacto na asistencia que a que lles correspondería. Por iso hoxe cómpre desenvolver máis a atención á rehabilitación, á cronicidade, ao emprego protexido, aos centros de día, á atención psicosocial e a coordinación con atención primaria». La norma, agrega «evidencia como se pensaba naquela altura que tiñan que ser as cousas e como non todo foi como se pensaba. Aínda que o decreto era moi interesante, os investimentos para o seu desenvolvemento non foron suficientes e non permitiron manter aquela filosofía asistencial, centrada na comunidade».

Area sostiene que «está a ser elaborado un novo plan estratéxico. Pediron colaboración das asociacións de profesionais, e de doentes e familiares, e falta coñecer o documento para alegar. Na asociación que presido pensamos que debería potenciar os dispositivos considerados complementares, e avanzar na dotación de profesionais e no modo de traballo que propuña aquel decreto, aínda vixente», apunta.