O autor de Barcelona Antón Blanco gaña o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

La Voz DODRO / LA VOZ

SANTIAGO

O xurado valorou "a construcción e a sintaxe, xunto cunha escolla léxica moi coidada"

15 dic 2019 . Actualizado a las 05:05 h.

Antón Blanco Casás é o gañador da XXXII edición do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, fallado onte no Concello de Dodro. Así o decidiu por unanimidade o xurado, que valorou «a construción e a sintaxe, xunto cunha escolla léxica moi coidada» de modo que a obra premiada, Voz do arqueiro, «posúe unha arquitectura interna coherente», segundo o xurado.

O autor reside en Barcelona e ten obra literaria publicada. Como gañador do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón recibirá 2.300 euros e a edición da obra. Previamente ao fallo, o xurado, acompañado polo alcalde Xabier Castro, o irmá de Eusebio, Manuel Lorenzo, e os poetas Paulino Vázquez, Anxo Angueira, David Pérez Iglesias renderon un tributo poético e unha ofrenda floral na tumba do escritor no cemiterio de San Xián de Laíño.

Os actos vinculados ao premio continúan hoxe coa inauguración da ruta Os días Olvidados, que percorre os lugares nos que viviu Eusebio Lorenzo. Parte ás 10 da mañá do colexio que leva o seu nome. Finalmente, o vindeiro sábado será a entrega do premio, nun acto no centro educativo.

Na imaxe, ofrenda na tumba do poeta