Unha mostra recolle as cartas de Nadal de Antonio Fraguas

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

Poderá verse este mes de decembro no Museo do Pobo

07 dic 2019 . Actualizado a las 22:09 h.

O Museo do Pobo Galego pon o broche ao ano das Letras Galegas dedicado a Antonio Fraguas cunha nova mostra e un concerto. A súa biblioteca organiza unha exposición na que recolle unha escolma das postais de Nadal que se gardan entre a correspondencia de Fraguas. Hai exemplares enviados por Manoel Beiras, Francisco Fernández del Riego, Josefina e Teresa Castelao, entre outros, que teñen deseños feitos na súa maior parte por artistas galegos. O día 28, ás 19.30 horas, actuará o dúo Oradaladou, que interpreta coplas recollidas por Fraguas.